Imos parar o mundo
e viviremos contigo.

TRADICIÓN&CREATIVIDADE


Concepto


 Excéntrica cervexa independente de tempada.

Esta é a historia de dous amigos que un día quixeron vivir o seu sono…

Jakobsland Brewers naceu en 2012 coma un proxecto de fin de semana, cando dous amigos, Fran e Henlo, interesados na cervexa artesá, decidiron empezar a facer a súa propia. Fabricaron no taller da empresa do pai de Fran o seu propio sistema de 70 litros, e inmediatamente probaron as súas primeiras receitas. Rapidamente convertéronse populares entre seus amigos e familias, e a produción tivo que aumentar a dúas sesións cada fin de semana. Entón, Henlo coñeceu a Jeremiah Fox nun evento de cata de cervexa. Tamén facía a súa propia cervexa artesá, e ademais traballaba nunha pequena fábrica de cervexa en Chattanooga, Tennessee … e Jeremiah uniuse ao proxecto de fin de semana. Incrementan a produción a catro sesións por fin de semana.

Na sempre procura de perfeccionar as súas receitas e proxecto, danse conta de que necesitan mellorar a capacidade de produción de cervexa, con temperaturas máis controladas na fermentación, e unha liña de embotellado profesional para poder dar un paso máis adiante. Tras barallar numerosos plans, esquemas e estratexias de negocio, optan convertirse en cervexeiros nómades, o que significaba alugar espazo de produción en fábricas de cervexa. En 2016, rexístranse como empresa para fabricar as súas receitas cervexeiras a maior escala. Pronto foron recoñecidas, gañando premios nas principais competicións de cervexa. Os cervexeiros de Jakobsland estableceron grandes lazos con numerosas cervexeiras ao longo dos anos, e convertéronse finalmente en cervexeiros residentes en Arriaca. Hoxe en día sitúase entre as 10 mellores cervexeiras artesanais españolas en Untappd.

Grazas a toda a xente que está aí, gozando Jakobsland. Porque nós amamos nosas cervexas, pero é por ti que traballamos duro cada día, para seguir facendo posible noso sono.

PS: Jakobsland Brewers toma o seu nome dos tempos das invasións viquingas en Galicia, no século XI. Fontes escandinavas do século XII narran aqueles tempos, facendo referencia nas súas sagas a Jakobsland, terra de Santiago, nos relatos das expedicións viquingas en terras galegas.

logo heads only Henlo

Henlo Matthee Swart

Fundador, Propietario & Cervexeiro

logo heads only Fran

Fran Vaquero Rodriguez

Fundador, Propietario & Wingman

Novas

Contacto

henlo@jakobslandbrewers.com
T. +34 659 09 06 31

    As Nosas Últimas Receitas

    lata-iameasy-jakobsland
    lata-dumbstruck-jakobsland
    lata-fits-jakobsland
    Compartir
    ...
    Voltar

    Teu carro

    0

    Non hai produtos no carriño.

    Total
    0,00
    Finalizar a Compra
    Valeiro

    This is a unique website which will require a more modern browser to work!

    Please upgrade today!