Condicións da tenda en liña

A empresa comprométese a que o produto recibido sexa das mesmas características técnicas e calidades que aparecen na súa web. Se desexa cancelar ou devolver un pedido, consulte as condicións a continuación.

 

ENVÍOS

Sólo se realizan envíos a España peninsular, sendo éstos de balde. Se estas interesado dende outro lugar, ponte en contacto con nosco.

 

SE O PRODUTO CHEGA DEFECTUOSO, ROTO OU EN MAL ESTADO

– O cliente deberá notificalo nun máximo de 48 horas desde a entrega do pedido, enviando unha fotografía dos produtos defectuosos ao correo electrónico henlo@jakobslandbrewers.es ou ben chamando ao teléfono de contacto da empresa +34 659 09 06 31.

– Por parte da empresa: un transportista recollerá o paquete coa mercadoría defectuosa nun prazo máximo de cinco días laborables desde que o aviso sexa recibido e reporase o produto no enderezo do cliente nun prazo aproximado de 3 – 7 días (exceptuando roturas de stock e circunstancias alleas á empresa que, en tal caso, se lle notificarán ao cliente).

Esta operación non implica custo ningún por parte do cliente.

 

DEVOLUCIÓNS

1. CAMBIO POR OUTRO PRODUTO

– Se o cliente quere cambiar o artigo por outro, terá un prazo de cinco días laborables unha vez recibido o paquete para comunicarllo á empresa no enderezo de correo henlo@jakobslandbrewers.es ou no teléfono de contacto +34 659 09 06 31.

Os produtos abertos non poderán cambiarse, aínda que non se consumisen.

– Por parte da empresa: un transportista recollerá o paquete nun prazo de cinco días laborables desde que o aviso sexa recibido e entregaráselle o novo artigo solicitado o máis axiña posible dentro dun prazo aproximado de 3 – 7 días (exceptuando roturas de stock e circunstancias alleas á empresa, en cuxo caso se lle notificará ao cliente).

Neste proceso o cliente asumirá  os custos de transporte que se lle comunicarán previamente.

 

2. DEVOLUCIÓN

– Se o cliente decide devolver o artigo e non adquire outro produto, terá un prazo de cinco días laborables para comunicalo ao enderezo de correohenlo@jakobslandbrewers.es ou ao teléfono de contacto da empresa +34 659 09 06 31.

Os produtos abertos non poderán devolverse, aínda que non se consumisen.

– Por parte da empresa: un transportista recollerá o paquete nun prazo de cinco días laborables desde que o aviso sexa recibido.
O importe seralle reembolsado á conta do cliente cando o departamento de posvenda notifique que o artigo está en perfectas condicións, tal e como se recibiu.

Neste proceso o cliente asumirá os custos de transporte que se lle comunicarán previamente.

Compartir
...
Voltar

Teu carro

0

Non hai produtos no carriño.

Total
0,00
Finalizar a Compra
Valeiro

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!