Condicións da tenda en liña
A empresa comprométese a que o produto recibido sexa das mesmas características técnicas e calidades que aparecen na súa web. Se desexa cancelar ou devolver un pedido, consulte as condicións a continuación.
ENVÍOS
Sólo se realizan envíos a España peninsular, sendo éstos de balde. Se estas interesado dende outro lugar, ponte en contacto con nosco.
SE O PRODUTO CHEGA DEFECTUOSO, ROTO OU EN MAL ESTADO
– O cliente deberá notificalo nun máximo de 48 horas desde a entrega do pedido, enviando unha fotografía dos produtos defectuosos ao correo electrónico [email protected] ou ben chamando ao teléfono de contacto da empresa +34 659 09 06 31.
– Por parte da empresa: un transportista recollerá o paquete coa mercadoría defectuosa nun prazo máximo de cinco días laborables desde que o aviso sexa recibido e reporase o produto no enderezo do cliente nun prazo aproximado de 3 – 7 días (exceptuando roturas de stock e circunstancias alleas á empresa que, en tal caso, se lle notificarán ao cliente).
Esta operación non implica custo ningún por parte do cliente.
DEVOLUCIÓNS
1. CAMBIO POR OUTRO PRODUTO
– Se o cliente quere cambiar o artigo por outro, terá un prazo de cinco días laborables unha vez recibido o paquete para comunicarllo á empresa no enderezo de correo [email protected] ou no teléfono de contacto +34 659 09 06 31.
Os produtos abertos non poderán cambiarse, aínda que non se consumisen.
– Por parte da empresa: un transportista recollerá o paquete nun prazo de cinco días laborables desde que o aviso sexa recibido e entregaráselle o novo artigo solicitado o máis axiña posible dentro dun prazo aproximado de 3 – 7 días (exceptuando roturas de stock e circunstancias alleas á empresa, en cuxo caso se lle notificará ao cliente).
Neste proceso o cliente asumirá os custos de transporte que se lle comunicarán previamente.
2. DEVOLUCIÓN
– Se o cliente decide devolver o artigo e non adquire outro produto, terá un prazo de cinco días laborables para comunicalo ao enderezo de correo[email protected] ou ao teléfono de contacto da empresa +34 659 09 06 31.
Os produtos abertos non poderán devolverse, aínda que non se consumisen.
– Por parte da empresa: un transportista recollerá o paquete nun prazo de cinco días laborables desde que o aviso sexa recibido.
O importe seralle reembolsado á conta do cliente cando o departamento de posvenda notifique que o artigo está en perfectas condicións, tal e como se recibiu.
Neste proceso o cliente asumirá os custos de transporte que se lle comunicarán previamente.
